Neste momento estás a ver Unha nova edición do N de Narón para conmemorar o Día das Letras Galegas

Unha nova edición do N de Narón para conmemorar o Día das Letras Galegas

  • Categoría da entrada:Novas

Florencio Delgado Gurriarán é o autor homenaxeado este 2022 polo Día das Letras Galegas. Galeguista comprometido con Galicia, co galego e coas inxustizas sociais, preocupado pola emigración, a toponimia, a sociolingüística ou a natureza, moi presentes na súa obra, formou parte do Seminario de Estudos Galegos, das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, e traballou polo rexurdimento literario dos anos 30 e a defensa do Estatuto de Autonomía de 1936, aínda que tamén viviu momentos difíciles como a Guerra Civil ou o exilio.

A Real Academia Galega ofrece información deste autor a través diferentes voces que afondan na súa vida e obra. Tamén o público infantil poderá achegarse a esta figura no espazo Primavera das Letras

Como cada ano, o Concello de Narón quere renderlle unha pequena homenaxe á figura elixida para a conmemoración do Día das Letras Galegas a través do N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para o público familiar que se desenvolverá o 17 de maio na praza da Lectura (Vivendas da Mariña), no que tamén participa o Servizo de Normalización Lingüística.

Programación:

12.00 h Diferentes diferenzas con Silvia Penide (contos e cancións)

12:45 h Rilla rilla con Xarope Tulú (teatro interactivo)

16:00 h Obradoiro das Efémeras  (obradoiro de pintura sobre cartón reciclado)

17:00 h Lúa triangular con Jara Ortiz (contacontos musical)

17:45 h A ovella Engracia con Aldaolado (narración oral e música)

18:45 h As Efémeras (concerto)

 

“Nosa Galicia é máis que toda a Terra

Galicia só limita coa Saudade,

elástica fronteira

que serve para o tempo e para o espacio

-onde un galego está, atópase ela mais

que ninguén atravesala pode

inda que leve nos papés: poeta”.

Galicia infinda

 

Máis información: www.naron.es – Novas

Descarga aquí o  cartel