No Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón buscamos mellorar a calidade lingüística e comunicativa do persoal da Administración local, da poboación e de sectores estratéxicos para fomentar e incrementar o prestixio e o uso da lingua galega no ámbito municipal.
Entre as tarefas de asesoramento realizamos:
Resolución de dúbidas e consultas lingüísticas: terminolóxicas, sobre toponimia, lexislación lingüística…
Correccións lingüísticas.
Tradución de textos (só excepcionalmente).
Difusión de materiais e recursos lingüísticos para apoiar o uso do galego: correctores, léxicos, dicionarios, manuais de estilo, etc.
Se precisas asesoramento lingüístico, podes enviarnos a túa consulta ao correo electrónico a.pita@naron.gal