No Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón programamos e difundimos diferentes accións formativas para mellorar a capacitación lingüística e comunicativa do persoal da Administración local, da poboación e de sectores estratéxicos co fin de fomentar e incrementar o prestixio e o uso da lingua galega no ámbito municipal.

Algunhas das accións que realizamos:

Programación de cursos específicos como técnicas de expresión oral, lingua galega de calidade, sexismo na linguaxe, o galego no comercio, estratexias de comunicación nas redes sociais dirixido ao comercio,…
Difusión de cursos de lingua galega para a poboación, sobre todo os cursos preparatorios para as probas Celga e de cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal que traballa na Administración local que organiza a Secretaría Xeral de Política.
Difusión de materiais que contribúen á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos,…

Desde o SNL non só programamos accións formativas lingüísticas, senón tamén outros cursos diversos que garantan a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.

Se queres propoñernos algunha acción formativa que consideres útil e necesaria, podes enviarnos a túa suxestión ao correo electrónico a.pita@naron.gal