Neste momento estás a ver Os Gandariños do CPR Santiago Apóstol de Narón na final do Club de Debate

Os Gandariños do CPR Santiago Apóstol de Narón na final do Club de Debate

  • Categoría da entrada:Mocidade

Os Gandariños, oito mozos e mozas que estudan 3º da ESO no CPR Santiago Apóstol de Narón, coa axuda e preparación da súa profesora Natalia Bacelo, participaron este sábado 13 de abril en Val do Dubra na final do Club de Debate Alingua, un certame que pon en valor o uso oral da lingua galega e as habilidades para o razoamento e a argumentación da mocidade e que tivo como tema a debater se a supervivencia da lingua galega depende das persoas neofalantes.

Participaron xunto con outros 5 equipos de rapaces e rapazas do IES Canido de Ferrol, o CPI de Bembibre de Val do Dubra, o IES de Cacheiras de Teo, o IES Terra de Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón.

Os dous equipos gañadores foron o IES Terra de Xallas de Santa Comba e o IES Camilo José Cela de Padrón, que quedaron en primeira e segunda posición respectivamente e que gozarán dunha viaxe multiaventura dunha fin de semana.

Acompañando ao equipo naronés estiveron a concelleira de Política Lingüística do Concello de Narón, María del Carmen Lorenzo Tojeiro, e a técnica de Normalización Lingüística, María Adela Pita Permuy.