Neste momento estás a ver Programación Apego para a primavera

Programación Apego para a primavera

  • Categoría da entrada:Crianzas

O Apego  trae a Narón esta primavera contos, teatro, maxia e música para achegarlles ás familias unha oferta de lecer en galego.

Este proxecto, impulsado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón,  programa actividades para público familiar co fin de mellorar a socialización en lingua galega das nenas e nenos ofrecendo actividades e recursos nesta lingua ás familias.

As actividades programadas para os próximos meses son:

Bichocas de Xarope Tulú

A avoa Mariña de Cris de Caldas e Xabi do Camiño

Patapatún de O Mago Paco

As sementes da felicidade de Miudiño

Foliada de Pablo Díaz e Olga Kirk

Para poder participar nestas actividades será precisa inscrición previa no correo electrónico a.pita@naron.gal e pódese consultar toda a información na web do servizo www.naronengalego.gal, no apartado de actividades.