Guizo regresa con máis actividades para coidar a natureza e a lingua. Este proxecto quere proporcionarlles ás familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos un espazo de lecer en galego que xire ao redor do contacto coa natureza e do seu coidado e respecto.
As familias poderán aprender e divertirse cos obradoiros de encadernación ecolóxica de Ventos, e de decoración de bolsas de tea con impresións botánicas de Menais, así como coa recolleita de herbas de San Xoán da man de Grupo Naturalista Hábitat, unha proposta para coñecer estas herbas e a tradición asociada a elas.
Podedes consultar as actividades nos seguintes enlaces:
Encadernación ecolóxica de Ventos
Recolleita de herbas de San Xoán de GrupoNaturalista Hábitat
Para poder participar nestas actividades será precisa inscrición previa no correo electrónico a.pita@naron.gal e pódese consultar toda a información na web do servizo www.naronengalego.gal, no apartado de actividades.