Neste momento estás a ver Crebacabezas das profesións para o Apego

Crebacabezas das profesións para o Apego

  • Categoría da entrada:Novas

Apego é un programa colectivo no que participan varios concellos galegos, entre eles Narón, dirixido ás familias e ao contexto social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida, para mellorar a socialización en galego desde a primeira infancia.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, co fin de contribuír ao incremento de recursos e materiais en galego do programa Apego publicou unha serie de crebacabezas con diferentes profesións, e diferentes niveis de dificultade, para que os máis pequenos da casa aprendan xogando.

Leandro Lamas foi o encargado do seu deseño e entre as profesións atopamos un mariñeiro, unha granxeira, un mestre, unha bombeira, un enfermeiro, unha doutora, un albanel e unha enxeñeira, que tratan de reflectir, ademais, unha visión igualitaria, plural e non estereotipada dos empregos realizados por mulleres e homes.

Podedes descargar aquí, en alta resolución, todos os crebacabezas