Neste momento estás a ver Apego retoma a súa programación no outono

Apego retoma a súa programación no outono

  • Categoría da entrada:Crianzas / Novas

Logo das vacacións de verán, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón volve cunha morea de actividades dirixidas ás familias de Narón para mellorar a socialización en lingua galega das nenas e nenos, nun contexto familiar, lúdico e interactivo.

Volven en setembro os espectáculos do Apego, un programa que busca arroupar a crianza en galego, mellorar a socialización en lingua galega das crianzas e crear redes e comunidade que apoie e sosteña o uso da lingua. Contos, música, circo, maxia, humor, encanto, sorpresas, intriga, apego á lingua… para vivir en familia.

Para poder participar nestas actividades será precisa inscrición previa no correo electrónico a.pita@naron.gal e pódese consultar toda a información na web do servizo www.naronengalego.gal ou do proxecto Apego www.apego.gal.

A continuación detállanse as actividades previstas:

Apego

20 setembro.- Toin Toin de Raquel Queizás

04 outubro.- O coelliño branco de Trinke Trinke

18 outubro.- Babá bebé de Xanela do Maxín

08 novembro.- O pozo do encanto de Lydia Botana

29 novembro.- Cabicivai de Pablísimo

13 decembro.- O axudante de Papá Noel de Moc Moc