Toupiciencia de A Xanela do Maxín

Espectáculo de experimentos científicos

A Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar as persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a grande importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.

Data: xoves, 20 de abril de 2023

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 40 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 4 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego) 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

Data

20 Abr 2023
¡Caducado!

Hora

18:00 - 18:40

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría