Recolleita de herbas de San Xoán de Grupo Naturalista Hábitat

Unha proposta para coñecer as herbas de San Xoán, a tradición asociada a estas herbas, así como os diferentes usos tradicionais de cada unha delas.

Data: domingo, 23 de xuño de 2024

Horario: ás 10:30 h (duración aproximada 3 horas)

Lugar: nos arredores do parque de Freixeiro. O punto de encontro será no parque de Freixeiro.

 Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)

Máis info: www.naronengalego.gal

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel 

Data

23 Xuñ 2024
¡Caducado!

Hora

10:30 - 13:30
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal