Provocacións de inverno de Melissa Cimas
Xogo libre para bebés
Unha provocación de xogo é unha invitación que motiva os nenos e nenas a participar, a explorar, a aprender xogando.
Nenos e nenas xogarán con materiais reciclados ou naturais como cartóns, papeis, madeira, follas e paus, pedras, diferentes tipos de teas, froitas, etc…
Data: mércores, 17 de xaneiro de 2024
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 1 hora)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel