Neste momento estás a ver Xornada de formación en habilidades comunicativas para o alumnado de Narón

Xornada de formación en habilidades comunicativas para o alumnado de Narón

  • Categoría da entrada:Mocidade

Alumnado de ESO do IES Terra de Trasancos e do CPR Santiago Apóstol de Narón asistiu onte, 18 de xaneiro, xunto con alumnado do IES Canido, do IES Concepción Arenal e do IES Saturnino Montojo de Ferrol, á xornada de formación en habilidades comunicativas e oratoria realizada no Centro Cultural Torrente Ballester.

Esta xornada de formación enmárcase dentro do proxecto Club de Debate, un programa cooperativo dirixido a alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato no que participan varios concellos galegos, entre eles Narón, que promove e valora o uso oral do galego, o espírito crítico, a tolerancia e o traballo en equipo na mocidade. Nesta sesión recibiron unhas primeiras nocións sobre habilidades comunicativas e elaboración de argumentos, ademais de emprezar a facer as primeiras prácticas enriba do escenario.

Neste certame, que se desenvolverá en Santa Comba a finais de febreiro, e que terá a súa fase final no Val do Dubra o 13 de abril, participarán un total de 22 equipos. Estes equipos repartiranse nas tres xornadas de debates da fase clasificatoria, que se desenvolverán no concello de Santa Comba os días 27, 28 e 29 de febreiro. Os dous equipos mellor clasificados en cada xornada participarán na fase final, en Val do Dubra o sábado 13 de abril.

Os concellos promotores desta actividade nesta edición son Pontevedra, Ames, Carballo, Ferrol, Narón, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra, que desenvolven a iniciativa a través dos seus servizos de normalización lingüística.

A través das redes sociais do proxecto,  Facebook, Instagram e Youtube, pódense  seguir os debates ou coñecer os equipos participantes, desta edición e de anos anteriores.