Xela Arias é a protagonista do Día das Letras Galegas 2021, unha muller inconforme, como ela se declaraba, que destacou pola súa poesía, transgresora e transformadora, aínda que tamén dedicou a súa vida á tradución de numerosas novelas e contos ao galego, á edición e á docencia. A palabra sempre foi importante para ela, así como a lingua, pois consideraba que “o idioma é o principal signo dunha cultura”.
A Real Academia Galega quere homenaxear este 17 de maio a esta muller, para salientar a súa importante achega ás letras galegas e aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 na súa web a través de información, novas, vídeos e entrevistas e tamén adaptado a alumnado de infantil e primaria na Primavera das Letras.