Neste momento estás a ver Volve o N de Narón. A festa das letras para conmemorar o Día das Letras Galegas

Volve o N de Narón. A festa das letras para conmemorar o Día das Letras Galegas

  • Categoría da entrada:Xeral

Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, unha muller polifacética que destacou en tres ámbitos: a docencia, a música e a literatura.

Dedicou parte da súa vida á docencia, exercendo de profesora de Lingua e Literatura Galega en diferentes institutos galegos, e destacou como violinista, formando parte da Orquestra de Santiago de Compostela e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos.

Como escritora cultivou narrativa, ensaio, teatro, pero é recoñecida, sobre todo, pola súa produción poética, que resultou innovadora polo protagonismo da música, a visión feminista, o apoio incondicional á muller empoderada, así como o compromiso social e político.

A Real Academia Galega ofrece información da biografía e da obra desta autora  e tamén o público infantil poderá achegarse a esta figura na web Primavera das Letras.

Como cada ano, o Concello de Narón quere renderlle unha pequena homenaxe á figura elixida para a conmemoración do Día das Letras Galegas a través do N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para o público familiar que se desenvolverá o 17 de maio no Pazo da Cultura, no que participan a Concellaría de Festas, o Padroado da Cultura e a Concellaría de Política Lingüística a través do Servizo de Normalización Lingüística.

Programación:

12:00 h De Castro a Villalta de A Xanela do Maxín

13:00 h Banda de Gaitas e grupo de baile do Padroado da Cultura

17:30 h A illa sen tesouro de Teatro Ghazafelhos

18:30 h Grupo de cantareiras do Padroado da Cultura

De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h xogos populares

Estarán presentes neste evento a Biblioteca Municipal para promover a lectura entre as persoas asistentes e a libraría Day, que porá á venda exemplares en galego para todos os públicos.

 

Descarga o cartel