Neste momento estás a ver Recursos e actividades para vivir un Nadal en galego

Recursos e actividades para vivir un Nadal en galego

  • Categoría da entrada:Novas

Para todas esas persoas que queredes vivir un Nadal en galego, desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón presentámosvos algúns recursos e actividades para todos os públicos!!

Obradoiro de cantos de Nadal

Este obradoiro, impartido por Semente de Trasancos, busca poñer en valor a celebración do Nadal en galego, coa recuperación dos cantos de Nadal, así como visibilizar o comercio local de Narón, e incrementar a presenza do galego neste sector.

As persoas participantes aprenderán algúns cantos tradicionais de Nadal para ir despois acompañando a Semente de Trasancos por algúns comercios da Gándara a cantalos e a pedir o aguinaldo.

 https://naronengalego.gal/actividades/obradoiro-de-cantos-de-nadal-con-semente-de-trasancos/

 

Felicita o Nadal en galego

O SNL do Concello de Narón pon á vosa disposición postais chulísimas para que felicitedes o Nadal á vosa familia e amizades. Este ano inclúe unha nova do muíño de Xuvia!! Podedes descargalas neste enlace:

https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nadal

Recursos do Apego

Na web do programa Apego, no que participa o Concello de Narón,  podedes atopar todos estes recursos marabillosos para vivir un Nadal en familia e en galego!!!  (no apartado de recursos> descargables e imprimibles)

Calendario Apego 2026

Carta para os seres máxicos do Nadal

Proposta de agasallos para as cartas

Grinalda do Apalpador

Tarxetas de Nadal

Etiquetas para os agasallos

Ficha sobre o Nadal