O Samaín en Galicia é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Defuntos e co magosto. Está baseada na tradición de tallar cabazas o Día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar aos viandantes. Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acudían de visita durante a noite. Ademais, deixábase o lume aceso para que non pasaran frío.
A continuación deixámosvos unha compilación de recursos para festexar esta data cos máis pequenos da casa:
- 10 recursos para celebrar o Samaín de Fabaloba
- O Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona
- Corre, corre, cabaciña
- A bruxa a regañadentes
- Os Bolechas e as cabazas terroríficas
- Receitas para o Samaín de Bolboretas no Bandullo
- Cocos e monstros da Galicia encantada
- Actividades para infantil e primaria