Narón ten programadas diferentes actividades para as familias do proxecto Apego para desenvolver nos próximos meses. Despois dun tempo de parada, o Apego reinicia a súa programación coas seguintes propostas para esta primavera:
- Cantando con raíz de Eduvía
- Brincadeiras da lingua de Migallas
- A galiña que pon ovos… de conto de Pedras de Papel
- Manual para deitarse e durmir de Caxoto
Nestas actividades as familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos poderán gozar de contos, cancións, tradición oral, creatividade artística… en galego o que axuda a mellorar a socialización en lingua galega dos máis pequenos.
Pódese consultar toda a información sobre estas actividades no apartado de actividades da web do Apego (www.apego.gal) ou na web do Servizo de Normalización Lingüística (www.naronengalego.gal).