Neste momento estás a ver Premios da Crítica de Galicia para o Apego

Premios da Crítica de Galicia para o Apego

  • Categoría da entrada:Novas

O programa Apego, no que colaboran 32 concellos entre os que se atopa Narón, resultou gañador da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia, na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas por unanimidade, na que tamén se encontraban Espazo lectura e Código Cero.

O xurado recalcou que Apego é unha iniciativa que neste momento de emerxencia lingüística potencia a inmersión no idioma propio dos núcleos familiares, dotándoos de ferramentas e recursos para a consolidación do proceso de transmisión do galego.

A entrega dos galardóns tivo lugar o sábado, 18 de outubro de 2025, no auditorio de Afundación, en Vigo.

Para coñecer o resto de gañadores/as nas diferentes categorías podes premer aquí.