Neste momento estás a ver Outono con Apego pola lingua

Outono con Apego pola lingua

  • Categoría da entrada:Crianzas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón presenta unha nova proposta de actividades dirixidas ás familias do programa Apego.

A programación deste outono de 2026 consta de catro sesións nas que teñen cabida contos, cancións, teatro e monicreques. As actuacións desenvolveranse os mércores 30 de setembro, 14 de outubro, 11 e 25 de novembro ás 17:00 horas no centro cívico social de San Xiao.

As propostas son as seguintes:

 

As actividades son de balde, mais para poder participar será precisa inscrición previa no correo electrónico a.pita@naron.gal. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e  teléfono de contacto.

Pódese consultar toda a información na web do Apego www.apego.gal e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón www.naronengalego.gal,  no apartado de actividades.

Descarga o cartel