Neste momento estás a ver O Concello de Narón recibe en 2024 subvencións para a promoción do uso da lingua galega

O Concello de Narón recibe en 2024 subvencións para a promoción do uso da lingua galega

  • Categoría da entrada:Novas

O Concello de Narón recibiu en 2024 axudas para o mantemento do seu Servizo de Normalización Lingüística. Estas axudas teñen como finalidade favorecer a prestación dun servizo que traballe a prol da promoción do uso da lingua galega.

A Deputación da Coruña achegou 20.000 euros para financiar as retribucións do persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística municipal, mentres que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia financiou o  Servizo con 7.070,47 euros.

Deputación da Coruña e Xunta de Galicia valoran o labor normalizador dos concellos por cumprir un papel esencial á hora de promover o uso do galego o que se reflicte a través destas axudas.