Este 2026 o Concello de Narón recibiu unha subvención de 20.000 euros da Deputación da Coruña para financiar os gastos do persoal técnico do Servizo de Normalización Lingüística. A concesión desta subvención publicouse no BOP do 18 de febreiro de 2026 e pódese consultar nesta ligazón:
Resolución da concesión definitiva do programa FONL
Ademais, a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia concedeulle unha axuda de 6.918,09 euros para o mantemento do Servizo de Normalización Lingüística, que se enmarca na convocatoria de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega. A resolución da concesión desta subvención publicouse no Diario Oficial de Galicia o día 22 de xullo e pódese consultar nesta ligazón: Resolución concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
