Neste momento estás a ver Narón participa de novo no Club de Debate 2026

Narón participa de novo no Club de Debate 2026

  • Categoría da entrada:Xeral

 

O Club de Debate Alingua inicia as xornadas de formación en habilidades comunicativas coa participación de 8 equipos de Narón na súa edición 2026

 

Bota a andar unha nova edición do Club de Debate Alingua e comeza cunha xornada de formación en habilidades comunicativas para o alumnado participante.

Oito equipos formados por alumnado do IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos e do CPR Santiago Apóstol de Narón asistiu este mércores, xunto con alumnado do IES Canido, do e do IES Saturnino Montojo de Ferrol; IES Breamo de Pontedeume; e CPR Nosa Señora do Carme de Betanzos á xornada de formación en habilidades comunicativas e oratoria realizada na aula de Cultura do Concello de Betanzos.

Nesta sesión recibiron unhas primeiras nocións sobre habilidades comunicativas e elaboración de argumentos, ademais de empezar a facer as primeiras prácticas enriba do escenario para prepararse para as fases clasificatorias que serán en marzo en Narón e Rois.

Tamén este mes se van realizar outras tres xornadas de formación en Santa Comba, Arzúa e Vilagarcía nas que participará o resto de alumnado dos concellos participantes nesta edición do Club de Debate.

O Club de Debate Alingua é  un proxecto de dinamización lingüística que busca incrementar o uso oral do galego e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas, así como promover a reflexión, o pensamento crítico e o intercambio de opinións entre a mocidade.

Esta iniciativa, impulsada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Betanzos, Carballo, Ferrol, Pontedeume, Pontevedra, Rois, Santa Comba,  Santiago de Compostela, Teo, Vilagarcía de Arousa e Narón, diríxese a alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º de bacharelato dos centros de ensino dos concellos participantes e nesta edición participan 37 equipos.

Máis info a través das redes sociais do proxecto: FacebookInstagram, e Youtube.