Comeza unha nova edición do Club de Debate Alingua, un certame de debates dirixido á mocidade no que participan varios concellos galegos, entre eles Narón, en colaboración cos centros de ensino secundario.
Esta iniciativa busca incrementar o uso oral do galego e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas, así como promover a reflexión, o pensamento crítico e o intercambio de opinións entre a mocidade e o prazo para inscribirse a esta edición 2026/2027 estará aberto ata o 20 de novembro.
Vai dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, 1º de bacharelato ou ciclos formativos, que deberán formar equipos compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 10 membros máis o/a preparador/a (persoal docente ou PAS). A persoa preparadora dos equipos de alumnado que estude nos centros de secundaria de Narón será a encargada de presentar a inscrición no correo electrónico do Servizo de Normalización Lingüística a.pita@naron.gal.
Máis información sobre este proxecto:
Redes sociais do Club de Debate: Facebook, Instagram e Youtube
