O Concello de Narón presenta a nova programación do proxecto Guizo para o primeiro semestre de 2026, na que coñecer e valorar a biodiversidade e os recursos dos que dispoñemos para coidar e protexer o medio ambiente, vai ocupar un papel relevante.
O obxectivo de Guizo e destas actividades é achegarlles ás familias con nenas e nenos de 6 a 12 anos un lecer que xire ao redor do contacto coa natureza e do seu coidado e respecto que sirva de espazo de socialización en galego.
As actividades programadas son as seguintes:
- 21 febreiro.- Xogos de resolucións de probas de Somos Terra
- 21 marzo.- Oes ti, compós-tate de Os Picos do Sol
- 18 abril.- Bombas de sementes de Somos Terra
- 23 maio.- Os superpoderes das aves de Alouette Machine
- 13 xuño.- Obradoiro de cociña solar de Os Picos do Sol
Estas actividades desenvolveranse no centro cívico social do Couto e son de balde, mais precisan inscrición previa a través do correo electrónico a.pita@naron.gal.
Consulta toda a información sobre estas actividades nesta ligazón
