A noite do 31 de outubro é unha noite máxica en Galicia, pois celébrase o Samaín. Esta é unha festividade herdada dos celtas na que celebraban a fin do verán e o comezo do inverno, pero ten un lado escuro… pois ábrense as portas do alén para que as almas dos mortos visiten o mundo dos vivos.
O Samaín en Galicia mantén algúns dos ritos que utilizaban os celtas para honrar os mortos como por exemplo o de tallar cabazas e meter unha candea acesa dentro para iluminarlles o camiño ás almas dos defuntos; o de prender fogueiras mentres se comen castañas, pois o lume ademais de permitirlles aos defuntos comer e entrar en calor esa noite, escorrenta os malos espíritos; ou o da comitiva da Santa Compaña na que unha persoa viva preside a procesión das ánimas camiñando en silencio con grandes cirios ao anoitecer.
Hai festas similares ao Samaín por todo o mundo como o Alla dag Helgons en Suecia, o Mahalaya na India, o Mischief en Inglaterra, o Día dos Mortos en Latinoamércia ou o Halloween en Estados Unidos. Todas elas veneran os seus mortos nunha noite arrepiante!!
O que ten cu, ten medo
Unha cousa é ter medo e outra chegar a telo
O medo garda o cu
Quen dixo medo, sendo de día?