Contos, música, maxia, teatro, circo, monicreques… un cóctel de ingredientes que se presentará ás familias de Narón en forma de Apego pola lingua.
O Concello de Narón programa para este inverno de 2023 varias actividades dentro do proxecto Apego, un programa colectivo no que participan varios concellos galegos co obxectivo de mellorar a socialización en lingua galega desde a primeira infancia, para que as e os máis peques da casa gocen dun tempo de lecer en familia e en galego.
As actividades propostas son:
Corochas de Xarope Tulú
Que curioso! do Mago Noel
Trispilistriñas de Pavís Pavós
Obradoiro de chapas de Rosalía con Eduvía
Con papá. Medrando en igualdade con Cris de Caldas e Xabi do Camiño
Historias de bicharracos de Bicharracos Teatro
Para poder asistir a estas actividades, que son de balde, será precisa inscrición previa e a información detallada de cada unha delas pódese consultar no apartado de actividades da web www.naronengalego.gal ou www.apego.gal