Neste momento estás a ver Narón gaña co galego

Narón gaña co galego

  • Categoría da entrada:Comercio

Narón gaña co galego é un programa que busca promover o uso do galego no comercio local de Narón

Proxecto de dinamización lingüística dirixido ao comercio local de Narón que ten como obxectivo animar ao uso do galego no comercio local e facilitarlles aos comerciantes materiais en galego para impulsar a venda dos seus produtos e incentivar que a xente merque no comercio local de Narón.

Como anima ao uso do galego?

  • Proporcionando materiais útiles e atraentes aos comercios para impulsar as vendas.
  • Publicitando os comercios que empreguen a lingua galega na atención ao público e/ou nas redes sociais.
  • Facilitando asesoramento lingüístico aos comerciantes que queiran desenvolver a súa actividade profesional en galego.
  • Programando formación tanto lingüística como do ámbito do comercio precisa para que o comercio local poida desenvolver a actividade profesional en galego.

Quen pode participar?

Poderán participar todos aqueles comercios de Narón que o desexen. Só teñen que enviar un correo electrónico a a.pita@naron.es incluíndo os seguintes datos: nome do comercio, o nome da persoa propietaria do comercio e teléfono de contacto.

Por que “Narón gaña co galego”?

Gañan as veciñas e veciños de Narón, ao poder ser atendidos na lingua propia, mercar na lingua propia; vivir con normalidade na lingua propia; pero tamén gaña o comercio, pois o galego é percibido por moitos clientes como un valor engadido, asociado a proximidade, calidade e autenticidade e, polo tanto, un ben que favorece a venda dos seus produtos.