Este 2026, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas a Begoña Caamaño, unha muller que destacou por ser unha xornalista comprometida, esixente e rigorosa, e unha escritora que revisou os mitos clásicos desde unha perspectiva feminista.
Para festexar este día e dar a coñecer a figura homenaxeada, o Concello de Narón organiza, un ano máis ,varios eventos, entre os que se atopa o N de Narón. A festa das letras, un programa de actividades para todos os públicos que se desenvolverá o 17 de maio na praza da Lectura.
O 14 de maio representarase no Café Teatro Repunantas. As punkis da literatura galega, de Inma López Silva e Francisco Castro, onde farán un percorrido musical polas voces femininas da nosa tradición literaria, dende as cantigas medievais ata Begoña Caamaño. Este espectáculo, dirixido a público adulto, chega da man da Secretaría Xeral da Lingua, a través do programa FalaRedes, por formar parte o Concello de Narón da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. As entradas son de balde e pódense recoller na billeteira do Pazo da Cultura.
O día 17 de maio terá lugar o N de Narón. A festa das letras que encherá de música, teatro, xogos e libros,… a praza da Lectura. A programación é a seguinte:
11.30 h O pracer do azul, cartas no vento de María Faltri
12.30 h Cantareiras e grupos de baile do Padroado da Cultura
17.00 h Carabela volve aos mares de Galeatro
19.00 h Banda de Gaitas do Padroado da Cultura
De 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h Xogos populares con Picos do Sol
Estarán presentes neste evento a Biblioteca Municipal cun espazo de lectura e con obradoiros, e a libraría Day, que porá á venda exemplares en galego para todos os públicos e traerá ao escritor José Manuel Legazpi , pola mañá, e á escritora Ana Meilán, pola tarde, para firmar as súas obras.
Tamén o Pazo da Cultura acollerá o 17 de maio ás 19.00 h o espectáculo Ictus (Anatomía da derradeira leición de Castelao) do Grupo Chévere. As entradas para ver esta obra teatral pódense recoller na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado e o seu prezo é de 8,40 € para persoas abonadas e tarifa reducida; e 9,50 € para público xeral.
E o 23 de maio, ás 11.00 h a Biblioteca Municipal ofrece o espectáculo para público familiar Eu tampouco navegar de Caxoto, que recolle a ideoloxía feminista de Begoña Caamaño, de que a muller non quere facer as cousas igual que as fan os homes, senón, simplemente, poder facelas… e ao seu xeito. Para esta actividade é precisa inscrición previa, de presencial na Biblioteca ou chamando ao teléfono 981382173.
Descarga o cartel
