Neste momento estás a ver Guizo volve ao Couto con ciencia, circo e primeiros auxilios

Guizo volve ao Couto con ciencia, circo e primeiros auxilios

  • Categoría da entrada:Crianzas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón presenta unha nova proposta de actividades dirixidas ás familias do programa Guizo previstas a partir de outubro. Nesta ocasión as familias poderán participar nas seguintes actividades, que se desenvolverán no centro cívico social do Couto:

10 outubro.- A maxia da ciencia de Arenaria

7 novembro.- Primeiros auxilios na montaña do Speis Narón

21 novembro.- Obradoiro de circo de Os Picos do Sol

 

As actividades son de balde, mais para poder participar será precisa inscrición previa no correo electrónico a.pita@naron.gal. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa acompañante, enderezo electrónico e  teléfono de contacto.

Pódese consultar toda a información premendo nos enlaces ou na web do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón www.naronengalego.gal,  no apartado de actividades.

Descarga o cartel