Neste momento estás a ver Felicita o Nadal en galego!

Felicita o Nadal en galego!

  • Categoría da entrada:Novas / Xeral

Un ano máis, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón anima a cidadanía a empregar o galego para felicitarlles o Nadal aos seres queridos. O obxectivo desta iniciativa é incrementar o uso do galego na comunicación propia destas datas, para o que pon á disposición de todas as persoas que o desexen varios deseños de postais de Nadal en galego, así como asesoramento lingüístico.

Este 2023 actualizáronse as postais, con 6 novos deseños que se poden descargar na web do Servizo de Normalización Lingüística, no enlace https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nadal, e pódense enviar á familia e amizades a través das redes sociais, aplicacións móbiles, correo electrónico,… ou imprimilas e envialas por correo postal se optamos por unha versión máis tradicional.

Ademais, para aquelas persoas que queiran crear os seus propios textos de felicitación pero que non teñen competencia en lingua galega ou non se senten con seguridade na escrita desta lingua, o Servizo de Normalización Lingüística ofrece un servizo de revisión lingüística, de balde. As persoas que queiran facer uso deste recurso, só teñen que enviar os seus textos ao correo a.pita@naron.gal e recibiranos posteriormente coas correccións oportunas.