Neste momento estás a ver Dos maios ao San Xoán, tradición, lingua e cultura

Dos maios ao San Xoán, tradición, lingua e cultura

  • Categoría da entrada:Crianzas

A iniciativa As nosas tradicións, impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, regresa ás escolas infantís municipais de Narón este mes de maio.

As nosas tradicións é unha iniciativa que busca  mostrarlles, ás familias das escolas infantís municipais de Narón, as tradicións galegas máis emblemáticas, e como as festexamos en Narón, así como algunhas das celebracións institucionais máis importantes para a nosa lingua e a nosa cultura como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía, o Día de Narón,… E tamén busca que as familias coñezan o Apego e os seus recursos, un programa no que participa o Concello de Narón e que ten por obxecto mellorar a socialización en galego desde o berce.

Desde o mes de outubro entregáronse nas escolas infantís de Piñeiros, A Solaina e A Gándara os folletos das Tradicións do outono, Día de Narón, O Nadal, Febreiro bertoeiro, e este mes de maio tócalle a Dos maios ao San Xoán, que inclúe información e curiosidades sobre os Maios, o Día das Letras Galegas e o San Xoán, así como recursos da tradición oral para as familias.

Ademais, tamén se poden descargar estes folletos na web do Servizo de Normalización Lingüística www.naronengalego.gal no apartado de dinamización.

Máis info e descarga dos folletos: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nosastradicions

 

As nosas tradicións: Dos Maios ao San Xoán