Neste momento estás a ver Doa a túa voz, preserva a túa lingua

Doa a túa voz, preserva a túa lingua

  • Categoría da entrada:Novas

A campaña AgasallaNós, impulsada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, busca voluntarios que doen as súas voces para poder recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia e así permitir que aplicacións baseadas no recoñecemento da fala, como Siri, Alexa ou Google, sexan quen de recoñecer toda a riqueza do galego. O obxectivo é recompilar máis de 1.000 horas de gravacións que representen diferentes idades, xéneros e variedades dialectais.

A concelleira de Política Lingüística do Concello de Narón, María del Carmen Lorenzo Tojeiro, quere animar a todas as veciñas e veciños do municipio a que colaboren nesta iniciativa que procura garantir a presenza do galego en aplicacións, ferramentas tecnolóxicas e proxectos de Intelixencia Artificial e Tecnoloxías da Linguaxe. Poder interaccionar en galego con ferramentas como o GPS, asistentes de voz, Chat GPT ou as que se vaian desenvolvendo no futuro depende de todas e todos nós.

A colaboración pode facerse a través do sitio web doagalego.nos.gal, dunha forma moi sinxela, pois tan só hai que ler varias frases ou validar as lidas por outras persoas.