O proxecto Apego presentaba hai uns días a nova programación para Narón, pero temos que comunicarvos que se tiveron que modificar as datas dalgunhas actividades pasando a fixarse Un bico para Alí de Fabaloba e Bolboreta o 15 de xuño e a de Manual para deitarse e durmir de Caxoto o 4 de maio.
A continuación podedes consultar as novas datas sobre as actividades de Apego para os meses de abril, maio e xuño e podedes consultar toda a información sobre elas no apartado de actividades da web do Apego (www.apego.gal) ou do Servizo de Normalización Lingüística (www.naronengaslego.gal).
Abril:
20 de abril.- Cantando con raíz de Eduvía
27 de abril.- Brincadeiras da lingua de Migallas
Maio:
4 de maio.- Manual para deitarse e durmir de Caxoto
11 de maio.- A galiña que pon ovos de conto de conto de Pedras de Papel
Xuño:
8 de xuño.- Feira das sementes de Babaluva
15 de xuño.- Un bico para Alí de Fabaloba e Bolboreta
Serán todas no centro cívico social do Alto ás 18.00 h. É precisa inscrición previa en a.pita@naron.es. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto