Neste momento estás a ver As nosas tradicións chegan ás escolas infantís municipais

As nosas tradicións chegan ás escolas infantís municipais

  • Categoría da entrada:Novas

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón quere mostrarlles, ás familias das escolas infantís municipais de Narón, as tradicións galegas máis emblemáticas, e como as festexamos en Narón, así como algunhas das celebracións institucionais máis importantes para a nosa lingua e a nosa cultura como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía, o Día de Narón,… E tamén busca que as familias coñezan o programa Apego e os seus recursos, para mellorar a socialización en galego desde o berce.

Con este obxectivo repartirá, ao longo do curso nas escolas infantís municipais, coincidindo coas principais celebracións culturais, uns folletos que inclúen información destas tradicións, curiosidades, lingua, recursos e como se viven en Narón.

Hoxe comezarán a  nas escolas infantís folletos coas principais tradicións que se celebran no outono, como son o magosto, o Samaín e a esfolla.

Nas demais entregas incluiranse festividades como o Nadal, o Entroido, Os Maios, o San Xoán,… e daranse a coñecer recursos do programa Apego para afondar na importancia da tradición cultural para a nosa lingua e a nosa identidade.