Neste momento estás a ver As escolas infantís municipais de Narón voaron ao ritmo de Cé Orquestra Pantasma

As escolas infantís municipais de Narón voaron ao ritmo de Cé Orquestra Pantasma

  • Categoría da entrada:Novas

Esta semana visitou as escolas infantís municipais Cé Orquestra Pantasma co seu espectáculo A voar, un espectáculo musical que ten como protagonista a Xoana, unha xoaniña que movida pola curiosidade e o desexo de voar emprenderá unha longa viaxe que mudará a súa vida.

Nenos e nenas bailaron e cantaron ao ritmo das súas cancións, que se poden tamén escoitar no libro-disco que leva o mesmo nome e que ten como lema “Un conto para soñar con música para brincar”.

Estas sesións inclúense dentro do proxecto Apego que busca impulsar a socialización en galego desde a primeira infancia e do que o Concello de Narón forma parte.