O alumnado de ESO dos centros educativos de Narón volverá participar neste mes de febreiro nunha unha nova edición dos obradoiros de regueifas que organiza o Servizo de Normalización Lingüística municipal desde 2018.
Trátase dunha acción formativa que busca familiarizar o alumnado de ESO dos centros educativos de Narón coa regueifa, un xénero de improvisación oral do patrimonio cultural galego que atrae a mocidade polo enxeño e a creatividade que implica e, por medio dela, promover o uso da lingua galega.
A regueifa é unha disputa dialéctica improvisada en verso polo que nestes obradoiros traballaranse contidos como a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade…, todas elas características intrínsecas da poesía, así como a arte da improvisación e da retranca nunha sesión de hora e media de duración, en horario escolar e serán impartidos por Guadalupe Blanco Vázquez, unha regueifeira con moita experiencia no ámbito da regueifa.
Nesta edición participan preto de 200 alumnos e alumnas do IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos e CPI O Feal.