Neste momento estás a ver Alingua saca a licitación o servizo de xestión da entidade

Alingua saca a licitación o servizo de xestión da entidade

  • Categoría da entrada:Empresas / Novas

A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, que ten entre os seus obxectivos promover e dinamizar o uso do galego de xeito colaborativo entre diversas administracións locais, e da que forma parte o Concello de Narón, saca a licitación o servizo de xestión da entidade co obxecto de contratar persoal especializado que desenvolva tarefas de tramitación económica e administrativa, así como de coordinación  de programas e actuacións desenvolvidos por Alingua.

Entre os coñecementos que deberá posuír o contratista que queira optar a este contrato destacan os coñecementos en materia fiscal, laboral, orzamentaria ou de procedemento administrativo.

O contrato adxudicarase por procedemento aberto e tramitación ordinaria e o prazo para presentar ofertas remata o 12 de xuño de 2025.

Pódese consultar toda a información sobre o anuncio de licitación do servizo de xestión de Alingua na Plataforma de Contratación do Sector Público