Neste momento estás a ver Alingua celebra a III Asemblea Xeral
SONY DSC

Alingua celebra a III Asemblea Xeral

  • Categoría da entrada:Novas

 

Este 9 de abril de 2021 tivo lugar a III Asemblea Xeral de ALingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, da que forman parte 17 concellos galegos, entre eles Narón.

Constitúese o 15 de febreiro de 2019 co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma e dela forman parte os concellos da Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa, concellos todos eles que xa colaboraban en proxectos coma o Apego, o Club de Debate, Youtubeir@s ou Enreguéifate.

A asociación nace co obxectivo promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.