Xela, a superheroína de aldea de Inma Soto

Conto teatralizado

Xela é a protagonista dun conto que nos mostra os beneficios de vivir na aldea. Pon en valor os recursos que existen no noso territorio e quere que todas as nenas e nenos sintan fachenda do seu patrimonio natural e cultural.

Data: mércores, 31 de xaneiro de 2024

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Descarga aquí o cartel

 

Data

31 Xan 2024
¡Caducado!

Hora

17:00 - 18:45

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría