Visita ao tanque de tormentas das Aceas
No marco da Semana da Mobilidade que organiza o departamento de Educación Viaria do Concello de Narón, o Servizo de Normalización Lingüística dentro do proxecto Guizo programa unha ruta en bici pola senda que discorre entre Freixeiro e Xuvia para gozar da paisaxe de Narón e coñecer información curiosa sobre o noso contorno e para coñecer o funcionamento do tanque de tormentas situado nas Aceas.
Data: sábado, 16 de setembro de 2023
Horario: ás 11:00 h (duración aproximada 2 horas)
Lugar: saída do parque de Freixeiro ata o paseo de Xuvia (con parada no tanque de tormentas e en diferentes puntos da senda) e volta ao parque de Freixeiro.
Destinatari@s: dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Guizo)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e apelidos, data de nacemento e DNI do neno ou nena
- nome e apelidos, data de nacemento e DNI da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 11 de setembro de 2023 ás 10:00 h ata o venres 15 de setembro ás 12:00 h. A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel