
Unha galaxia chea de Letras Galegas de Caxoto
Narración oral para conmemorar o Día das Letras Galegas
Francisco Fernández del Riego foi sempre un home entregado a unha causa: Que a lingua galega e a súa literatura brillasen con luz propia na noite dos tempos.
Para homenaxealo faremos un percorrido no espazo/tempo a través dunha galaxia chea de Letras Galegas dende a súa traxectoria vital.
Neste espectáculo para toda a familia Caxoto amosa os seus coñecementos de astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante estrela Rosalía de Castro e pasará por outros corpos celestiais como Castelao, Manuel María, Xela Arias, Cunqueiro… nunha homenaxe da literatura galega a un dos seus máximos benfeitores, o gran Francisco Fernandez Del Riego.
Data: xoves, 25 de maio de 2023
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 4 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel