Un saco de contos de María da Pontragha
Narración oral
Contos e cancións de tradición oral para crianzas. Que beben da nosa herdanza cultural e cos que María da Pontragha sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.
Data: mércores, 19 de outubro de 2022
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel