Un bico para Alí de Bolboreta e Fabaloba
Narración oral e cancións apoiadas por ilustración
No seu primeiro día de escola, Alí coñece a Antón, un neno cunha diversidade funcional que se manifesta principalmente nas súas dificultades de linguaxe.
Estrañada polo comportamento do seu novo compañeiro, Alí intentará axudalo botando man de contos, cancións e outros moitos recursos.
Os contos de Alí nacen a partir do proxecto Alí, recursos en galego para educación infantil, que pretende contribuír á difusión de recursos lúdicos e educativos en galego. Sempre contan cun plano literal, dirixido á rapazada, e cun plano metafórico que pretende promover a reflexión das nais e pais sobre a súa responsabilidade na transmisión interxeracional do idioma.
Data: mércores, 15 de xuño de 2022
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Inscricións: prazas limitadas. Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Podes descargar aquí o cartel