Trispilistriñas de Pavís Pavós
Contos para bebés
Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez, Pavís Pavós, teñen unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para bebés e as súas familias.
Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas,
trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.
Data: xoves, 9 de febreiro de 2023
Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 35 minutos)
Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 6 meses a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Descarga aquí o cartel