Tralará de Marta Ortiz

Narración oral, música e teatro de obxectos

Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos. Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade.

Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados. O ritmo que emana do propio contar, da lingua.

 

Data: mércores, 7 de maio de 2025

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 6 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

Descarga o cartel

Data

07 Mai 2025

Hora

17:00 - 17:45

Localización

Centro cívico social de San Xiao de Narón
Lugar da Igrexa, s/n, 15578 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

SNL do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext. 1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.gal