Toin Toin de Raquel Queizás
Narración oral para bebés
É hora de durmir, hai unha fermosa lúa arriba no ceo. Todo está en silencio. Chsssss!
PRRRRRRR!!!! Popopoooopoooo!!! TOIN TOIN!!! A pequena coella non para de brincar, non quere durmir sen o seu conto. Papá coello comeza a lerlle un conto, e de súpeto antes de rematalo, papá queda durmido. Zzzzzz! A hora de durmir sempre se presenta como unha aventura.
TOIN TOIN é un espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo dos máis pequenos da casa e das súas nais e pais.
Data: mércores, 20 de setembro de 2023
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 1 a 4 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel