Tecendo soños de Emanarte

Obradoiro  de arrolos e estimulación sensorial para bebés

Un obradoiro no que as familias aprenderán da man de Esperanza Mara algúns arrolos tradicionais e poñeranos en práctica a través de estimulación sensorial cos seus bebés.

 

Data: mércores, 9 de novembro de 2022

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social do Alto do Castiñeiro

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego) 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

 

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel 

Data

09 Nov 2022

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Centro cívico social do Alto
R/Manuel Antonio, nº7, 15570 Narón (A Coruña)
Categoría

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono
981337700 (ext.1516)
Correo electrónico
a.pita@naron.es