Sorpresa de A Xanela do Maxín
Que hai dentro das caixas? Agasallos asombrosos para un público curioso. Agasallos sorpresa baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!) cos que crearemos contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación.
Unha experiencia divertida e sustentable na que sorpresa tras sorpresa e con poucos elementos crearemos un mundo máxico, deseñado para rir e aprender ao mesmo tempo.
Caixas sorpresa cheas de historias, aventuras e fantasía! Contos e relatos empaquetados de agarimo. Cada caixa é única e especial e farémonos moitas preguntas para intentar descubrir o seu contido, utilizando a imaxinación e creando, case sen querelo, personaxes fantásticos e historias incribles. E cando se abren as caixas revelarase o que realmente agochan no seu interior. Parécese ao que imaxinamos? Non? Cantos contos caben nela? E na nosa cabeza?
Data: mércores, 29 de outubro de 2025
Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 50 minutos)
Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón.
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
Descarga aquí o cartel
