Son no berce de A Cova das Letras
Concerto sensorial para bebés
A Cova das Letras trae a Narón un espectáculo que espertará as emocións das crianzas a través de estímulos sensoriais como imaxes, palabras, tactos diversos, olores e música en directo. Unha experiencia única para os bebés e as súas familias.
Data: mércores, 21 de decembro de 2022
Horario: 1ª sesión ás 18:00 h e 2ª sesión ás 18:30 h (duración aproximada 30 minutos)
Lugar: centro cívico social do Couto
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 15 nen@s por sesión, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.
Organiza: Secretaría Xeral de Política Lingüística (programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística) coa colaboración do Concello de Narón a través do Servizo de Normalización Lingüística.
Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es
Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:
- nome da actividade
- nome e idade do neno ou nena
- nome da nai, pai ou persoa acompañante
- enderezo electrónico
- teléfono de contacto
A participación será por estrita orde de inscrición.
Podes descargar aquí o cartel