
Sardiñada de San Xoán
Sardiñada e churrascada acompañada de xogos populares interxeracionais e música con Lenda Ártabra e Treixadura na parroquia de San Xiao de Narón.
Lugar: no contorno do centro cívico social de San Xiao de Narón
Día: sábado, 25 de xuño de 2022
Programación
18:00 h Xogos populares interxeracionais
21:00 h Churrascada sardiñada
21:30 h Lenda Ártabra e Treixadura
Tíckets para a sardiñada e churrascada: o prezo do churrasco será de 10 euros para socios/as da A.V. Ceibe de San Xiao (12 para o resto) e o das sardiñas 1 euro por dúas unidades, en ambos os casos con viño, pan e café. Os tíckets poderán adquirirse previamente no centro cívico social de San Xiao, en horario de 18.30 a 20.30 e tamén se poderán adquirir o mesmo día 25 dende as 17.00 ata as 20.00 horas na zona do campo da festa de San Xiao.
Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón e A.V Ceibe de San Xiao